MP0484 - Bases de Datos (BD)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en Bases de Datos (BD)

  • Código: MP0484

  • Duración: 187 horas.

  • Equivalencia en créditos ECTS: 12

Resultados de Aprendizaxe (RA)#

  • RA1. Recoñece os elementos das bases de datos analizando as súas funcións, e valora a utilidade dos sistemas xestores.

  • RA2. Deseña diagramas entidade-relación, para o que analiza os requisitos dos escenarios que cumpra representar.

  • RA3. Deseña modelos relacionais lóxicos normalizados, para o que interpreta diagramas entidade-relación.

  • RA4. Crea bases de datos, e define a súa estrutura e as características dos seus elementos segundo o modelo relacional

  • RA5. Consulta a información almacenada nunha base de datos empregando asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de manipulación de datos.

  • RA6. Modifica a información almacenada na base de datos utilizando asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de manipulación de datos.

  • RA7. Desenvolve procedementos almacenados e guións de sentenzas, para o que utiliza e avalía as sentenzas da linguaxe incorprada no sistema xestor de

  • RA8. Analiza e executa tarefas básicas de administración de bases de datos aplicando mecanismos de salvagarda e transferencia.

  • RA9. Xestiona a información almacenada en bases de datos obxecto-relacionais, para o que utiliza e avalía as posibilidades que proporciona o sistema xestor.

Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Recoñece os elementos das bases de datos analizando as súas funcións, e valora a utilidade dos sistemas xestores.

  • CA1.1. Analizáronse os sistemas lóxicos de almacenamento e as súas características.

  • CA1.2. Identificáronse os tipos de bases de datos segundo o modelo de datos utilizado.

  • CA1.3. Identificáronse os tipos de bases de datos en función da localización da información.

  • CA1.4. Avaliouse a utilidade dun sistema xestor de bases de datos e as súas vantaxes fronte a outros sistemas de almacenamento.

  • CA1.5. Recoñeceuse a función de cada elemento dun sistema xestor de bases de datos.

  • CA1.6. Clasificáronse os sistemas xestores de bases de datos.

  • CA1.7. Analizáronse as políticas de fragmentación da información.

RA2. Deseña diagramas entidade-relación, para o que analiza os requisitos dos escenarios que cumpra representar.

  • CA2.1. Identificouse o significado da simboloxía propia dos diagramas de entidaderelación.

  • CA2.2. Utilizáronse ferramentas gráficas para representar o diagrama entidaderelación.

  • CA2.3. Identificáronse as entidades necesarias para representar un problema.

  • CA2.4. Definíronse os atributos para cada entidade representada no modelo E-R.

  • CA2.5. Identificáronse as claves para cada entidade.

  • CA2.6. Distinguíronse e aplicáronse os tipos de interrelacións e as cardinalidades existentes no problema que se vaia representar.

  • CA2.7. Identificáronse os tipos de dependencia entre as entidades fortes e débiles.

  • CA2.8. Recoñecéronse os elementos do modelo E-R estendido

  • CA2.9. Describíronse os supostos semánticos considerados na resolución do problema e os que non se puideron recoller no diagrama E-R

RA3. Deseña modelos relacionais lóxicos normalizados, para o que interpreta diagramas entidade-relación.

  • CA3.1. Utilizáronse ferramentas gráficas para representar o deseño lóxico.

  • CA3.2. Identificáronse as táboas do deseño lóxico.

  • CA3.3. Identificáronse os campos que forman parte das táboas do deseño lóxico.

  • CA3.4. Analizáronse as relacións entre as táboas do deseño lóxico.

  • CA3.5. Identificáronse os campos clave.

  • CA3.6. Realizouse a transformación de esquemas E-R a esquemas relacionais.

  • CA3.7. Aplicáronse regras de integridade.

  • CA3.8. Aplicáronse regras de normalización.

  • CA3.9. Analizáronse e documentáronse as restricións que non se poidan plasmar no deseño lóxico.

RA4. Crea bases de datos, e define a súa estrutura e as características dos seus elementos segundo o modelo relacional

  • CA4.1. Analizouse o formato de almacenamento da información.

  • CA4.2. Creáronse bases de datos.

  • CA4.3. Creáronse as táboas e as relacións entre elas.

  • CA4.4. Seleccionáronse os tipos de datos adecuados.

  • CA4.5. Definíronse os campos clave nas táboas.

  • CA4.6. Aplicáronse as restricións reflectidas no deseño lóxico.

  • CA4.7. Verificouse o axuste da implementación ao modelo mediante un conxunto de datos de proba

  • CA4.8. Utilizáronse asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de definición de datos.

RA5. Consulta a información almacenada nunha base de datos empregando asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de manipulación de datos.

  • CA5.1. Identificáronse as ferramentas e as sentenzas para realizar consultas.

  • CA5.2. Realizáronse consultas simples sobre unha táboa.

  • CA5.3. Realizáronse consultas sobre o contido de varias táboas mediante composicións internas.

  • CA5.4. Realizáronse consultas sobre o contido de varias táboas mediante composicións externas.

  • CA5.5. Realizáronse consultas que xeren valores de resumo.

  • CA5.6. Realizáronse unións de consultas.

  • CA5.7. Realizáronse consultas con subconsultas.

  • CA5.8. Realizáronse consultas utilizando funcións básicas integradas no SXBD.

  • CA5.9. Valoráronse as vantaxes e os inconvenientes das opcións válidas para levar a cabo unha consulta determinada.

  • CA5.10. Creáronse vistas.

RA6. Modifica a información almacenada na base de datos utilizando asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de manipulación de datos.

  • CA6.1. Identificáronse as ferramentas e as sentenzas para modificar o contido da base de datos.

  • CA6.2. Inseríronse, borráronse e actualizáronse datos nas táboas.

  • CA6.3. Engadiuse nunha táboa a información resultante da execución dunha consulta.

  • CA6.4. Deseñáronse guións de sentenzas para levar a cabo tarefas complexas.

  • CA6.5. Recoñeceuse o funcionamento das transaccións.

  • CA6.6. Anuláronse parcialmente ou totalmente os cambios producidos por unha transacción.

  • CA6.7. Identificáronse os efectos das políticas de bloqueo de rexistros.

  • CA6.8. Adoptáronse medidas para manter a integridade e a consistencia da información.

RA7. Desenvolve procedementos almacenados e guións de sentenzas, para o que utiliza e avalía as sentenzas da linguaxe incorporada no sistema xestor de bases de datos.

  • CA7.1. Identificáronse as formas de automatizar tarefas.

  • CA7.2. Recoñecéronse os métodos de execución de guións.

  • CA7.3. Identificáronse as ferramentas dispoñibles para editar guións.

  • CA7.4. Escribíronse secuencias de comandos e ficheiros de procesamento por lotes para automatizar tarefas.

  • CA7.5. Creáronse, modificáronse e elimináronse procedementos almacenados.

  • CA7.6. Empregáronse parámetros no deseño de procedementos almacenados.

  • CA7.7. Detectáronse e tratáronse erros ao executar procedementos almacenados.

  • CA7.8. Usáronse as funcións proporcionadas polo sistema xestor.

  • CA7.9. Definíronse funcións de usuario.

  • CA7.10. Definíronse disparadores.

  • CA7.11. Utilizáronse cursores.

  • CA7.12. Documentáronse os guións codificados, e indicáronse as tarefas que automatizan e os resultados que producen.

RA8. Analiza e executa tarefas básicas de administración de bases de datos aplicando mecanismos de salvagarda e transferencia.

  • CA8.1. Identificáronse ferramentas para a administración de copias de seguridade.

  • CA8.2. Realizáronse e restauráronse copias de seguridade.

  • CA8.3. Identificáronse as ferramentas para vincular, importar e exportar datos.

  • CA8.4. Exportáronse datos a diversos formatos.

  • CA8.5. Importáronse datos con distintos formatos.

  • CA8.6. Transferiuse información entre sistemas xestores.

  • CA8.7. Xestionáronse os usuarios e os seus privilexios.

  • CA8.8. Creáronse índices para mellorar o funcionamento da base de datos.

  • CA8.9. Utilizáronse asistentes, ferramentas gráficas e a linguaxe de control de datos.

  • CA8.10. Interpretouse a documentación técnica do SXBD nos idiomas máis empregados pola industria.

RA9. Xestiona a información almacenada en bases de datos obxecto-relacionais, para o que utiliza e avalía as posibilidades que proporciona o sistema xestor.

  • CA9.1. Identificáronse as características das bases de datos obxecto-relacionais.

  • CA9.2. Creáronse tipos de datos obxecto, os seus atributos e os seus métodos.

  • CA9.3. Creáronse táboas de obxectos e táboas de columnas tipo obxecto.

  • CA9.4. Creáronse tipos de datos colección.

  • CA9.5. Realizáronse consultas.

  • CA9.6. Modificouse a información almacenada mantendo a integridade e a consistencia dos datos.

Contidos Básicos#

BC1. Bases de datos e sistemas de almacenamento da información

  • Ficheiros: planos, indexados, acceso directo, etc.

  • Bases de datos: conceptos, usos e tipos segundo o modelo de datos e a localización da información.

  • Outros sistemas de almacenamento: xml, servizo de directorios, etc.

  • Sistemas xestores de base de datos: funcións, compoñentes e tipos.

  • Sistemas xestores de bases de datos libres e propietarios.

  • Bases de datos centralizadas e distribuídas. Fragmentación.

BC2. Deseño conceptual de bases de datos

  • Fases de deseño de bases de datos.

  • Modelo entidade-relación: entidades, atributos, relacións e claves; tipos de interrelación e cardinalidade; dependencia por existencia e por identificación; restricións entre interrelacións.

  • Modelo E-R ampliado.

  • Xeneralización e herdanza.

BC3. Deseño lóxico de bases de datos

  • Modelo lóxico de datos: metodoloxía.

  • Modelo relacional: terminoloxía e características. Claves primarias e alleas.

  • Paso do diagrama E-R ao modelo relacional.

  • Álxebra relacional. Cálculo relacional.

  • Normalización de modelos relacionais: dependencias funcionais; formas normais.

  • Xustificación da desnormalización.

BC4. Deseño físico de bases de datos

  • Modelo de datos.

  • Terminoloxía do modelo relacional.

  • Claves primarias.

  • O valor NULL.

  • Claves alleas.

  • Vistas.

  • Ferramentas gráficas achegadas polo sistema xestor para a implementación da base de datos.

  • Linguaxe de definición de datos (DDL).

  • Creación, modificación e eliminación de bases de datos.

  • Creación, modificación e eliminación de táboas.

  • Tipos de datos. Tipos de datos definidos polo usuario.

  • Implementación de restricións.

  • Índices: características.

BC5. Realización de consultas

  • Ferramentas gráficas proporcionadas polo sistema xestor para a realización de consultas.

  • Sentenza SELECT.

  • Selección e ordenación de rexistros. Tratamento de valores nulos.

  • Operadores: de comparación e lóxicos. Precedencia de operadores.

  • Consultas calculadas.

  • Sinónimos

  • Consultas de resumo. Agrupamento de rexistros.

  • Unión de consultas.

  • Composicións internas e externas.

  • Subconsultas.

  • Funcións básicas integradas no SXBD.

  • Vistas.

BC6. Tratamento de datos

  • Ferramentas gráficas proporcionadas polo sistema xestor para a edición da información.

  • Inserción, borrado e modificación de rexistros.

  • Inserción de rexistros a partir dunha consulta.

  • Mantemento da integridade referencial.

  • Cambios en cascada.

  • Subconsultas e combinacións en sentenzas de edición.

  • Transaccións. Sentenzas de procesamento de transaccións.

  • Acceso simultáneo aos datos: políticas de bloqueo.

  • Bloqueos compartidos e exclusivos.

BC7. Programación de bases de datos

  • Tipos de guións. Secuencias de comandos e ficheiros de procesamento por lotes. Procedementos almacenados. Funcións definidas polo usuario e desencadeadores.

  • Introdución: linguaxe de programación.

  • Variables do sistema e de usuario.

  • Funcións.

  • Operadores.

  • Estruturas de control de fluxo.

  • Procedementos almacenados.

  • Paso de parámetros.

  • Funcións definidas polo usuario.

  • Subrutinas.

  • Eventos e disparadores.

  • Excepcións.

  • Cursores.

BC8. Tarefas de administración de bases de datos

  • Copias de seguridade: tipos; planificación.

  • Ferramentas achegadas polo sistema xestor para a realización e a recuperación de copias de seguridade.

  • Ferramentas para vinculación, importación e exportación de datos.

  • Ferramentas de verificación de integridade da base de datos.

  • Transferencia de datos entre sistemas xestores.

  • Creación e eliminación de usuarios.

  • Tipos de dereitos.

  • Asignación e desasignación de dereitos a usuarios.

  • Linguaxe DCL.

  • Índices.

BC9. Uso de bases de datos obxecto-relacionais

  • Características das bases de datos obxecto-relacionais.

  • Tipos de datos obxecto.

  • Atributos e métodos.

  • Sobrecarga.

  • Construtores.

  • Definición de tipos de obxecto.

  • Definición de métodos.

  • Herdanza.

  • Identificadores e referencias.

  • Tipos de datos colección

  • Declaración e iniciación de obxectos.

  • Uso da sentenza SELECT.

  • Navegación a través de referencias.

  • Chamadas a métodos.

  • Inserción, modificación e borrado de obxectos.