MP0615 - Deseño de Interfaces Web (DIW)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en Diseño de Interfaces Web (DIW)

  • Código: MP0615

  • Duración: 157 horas.

  • Equivalencia en créditos ECTS: 9

Resultados de Aprendizaxe (RA)#

  • RA1. Planifica a creación dunha interface web, para o que valora e aplica especificacións de deseño.

  • RA2. Crea interfaces web homoxéneas, para o que define e aplica estilos.

  • RA3. Prepara ficheiros multimedia para a web, para o que analiza as súas características, manexando ferramentas específicas.

  • RA4. Integra contido multimedia en documentos web e valora a súa achega, para o que selecciona adecuadamente os elementos

  • RA5. Desenvolve interfaces web accesibles, para o que analiza as pautas establecidas, aplicando técnicas de verificación.

  • RA6. Desenvolve interfaces web amigables, para o que analiza e aplica as pautas de usabilidade establecidas.

Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Planifica a creación dunha interface web, para o que valora e aplica especificacións de deseño.

  • CA1.1. Recoñeceuse a importancia da comunicación visual e os seus fundamentos.

  • CA1.2. Analizáronse e seleccionáronse as cores e as tipografías adecuadas para a súa visualización en pantalla.

  • CA1.3. Analizáronse alternativas para a presentación da información en documentos web.

  • CA1.4. Valorouse a importancia de definir e aplicar a guía de estilo no desenvolvemento dunha aplicación web.

  • CA1.5. Utilizáronse e valoráronse aplicacións para o deseño de documentos web.

  • CA1.6. Utilizáronse marcos, táboas e capas para presentar a información de xeito ordenado.

  • CA1.7. Creáronse e utilizáronse patróns de deseño.

RA2. Crea interfaces web homoxéneas, para o que define e aplica estilos.

  • CA2.1. Recoñecéronse as posibilidades de modificar as etiquetas HTML.

  • CA2.2. Definíronse estilos de xeito directo.

  • CA2.3. Definíronse e asociáronse estilos globais en follas externas.

  • CA2.4. Definíronse follas de estilos alternativas.

  • CA2.5. Redefiníronse estilos.

  • CA2.6. Identificáronse as propiedades de cada elemento.

  • CA2.7. Creáronse clases e identificadores de estilos.

  • CA2.8. Utilizáronse ferramentas de validación de follas de estilos.

  • CA2.9. Utilizouse e actualizouse a guía de estilo.

RA3. Prepara ficheiros multimedia para a web, para o que analiza as súas características, manexando ferramentas específicas.

  • CA3.1. Recoñecéronse as implicacións das licenzas e dos dereitos de autor no uso de material multimedia.

  • CA3.2. Identificáronse os formatos de imaxe, audio e vídeo que cumpra utilizar.

  • CA3.3. Analizáronse as ferramentas dispoñibles para xerar e manipular contido multimedia.

  • CA3.4. Empregáronse ferramentas para o tratamento dixital de imaxes.

  • CA3.5. Utilizáronse ferramentas para manipular audio e vídeo.

  • CA3.6. Realizáronse animacións a partir de imaxes fixas.

  • CA3.7. Importáronse e exportáronse imaxes, audio e vídeo en diversos formatos, segundo a súa finalidade.

  • CA3.8. Aplicáronse guías de estilo para adaptar ficheiros multimedia para a web.

RA4. Integra contido multimedia en documentos web e valora a súa achega, para o que selecciona adecuadamente os elementos interactivos.

  • CA4.1. Recoñecéronse e analizáronse as tecnoloxías relacionadas coa inclusión de contido multimedia e interactivo.

  • CA4.2. Identificáronse as necesidades específicas de configuración dos navegadores web para soportar contido multimedia e interactivo.

  • CA4.3. Utilizáronse ferramentas gráficas para o desenvolvemento de contido multimedia interactivo.

  • CA4.4. Analizouse o código xerado polas ferramentas de desenvolvemento de contido interactivo.

  • CA4.5. Agregáronse elementos multimedia a documentos web.

  • CA4.6. Engadiuse interactividade a elementos dun documento web.

  • CA4.7. Verificouse o funcionamento dos elementos multimedia e interactivos en distintos navegadores.

RA5. Desenvolve interfaces web accesibles, para o que analiza as pautas establecidas, aplicando técnicas de verificación.

  • CA5.1. Recoñeceuse a necesidade de deseñar webs accesibles.

  • CA5.2. Analizouse a accesibilidade de diversos documentos web.

  • CA5.3. Identificáronse as principais pautas de accesibilidade ao contido.

  • CA5.4. Analizáronse os posibles erros segundo os puntos de verificación do nivel de conformidade.

  • CA5.5. Alcanzouse o nivel de conformidade desexado no deseño de webs accesibles.

  • CA5.6. Verificáronse os niveis alcanzados de accesibilidade web mediante o uso de tests.

  • CA5.7. Verificouse a visualización e accesibilidade da interface con diversos navegadores e tecnoloxías.

RA6. Desenvolve interfaces web amigables, para o que analiza e aplica as pautas de usabilidade establecidas.

  • CA6.1. Valorouse a importancia do uso de estándares na creación de documentos web.

  • CA6.2. Analizáronse técnicas para verificar a usabilidade dun documento web.

  • CA6.3. Analizouse a usabilidade de diversos documentos web.

  • CA6.4. Verificouse a facilidade de navegación dun documento web mediante diversos periféricos.

  • CA6.5. Verificouse a usabilidade da interface web creada en diversos navegadores e tecnoloxías.

  • CA6.6. Modificouse a interface web para a adecuar ao obxectivo que persiga e aos usuarios a quen vaia dirixida.

Contidos Básicos#

BC1. Planificación de interfaces gráficas

  • Elementos do deseño: textura, cor, tipografía e iconas. Percepción visual.

  • Interacción entre persoa e computador.

  • Interpretación de guías de estilo: elementos.

  • Xeración de documentos e sitios web.

  • Compoñentes dunha interface web.

  • Aplicacións para desenvolvemento web.

  • Linguaxes de marcas.

  • Mapa de navegación. Prototipos.

  • Maquetación web. Elementos de ordenación.

  • Patrón de deseño.

BC2. Uso de estilos

  • Estilos en liña baseados en etiquetas e en clases.

  • Creación e vinculación de follas de estilo en cascada. Follas de estilo auditivas.

  • Follas de estilo para imprimir.

  • Ferramentas e test de verificación.

BC3. Implementación de contido multimedia

  • Tipos e formatos de imaxes máis axeitados para a web.

  • Dereitos da propiedade intelectual: licenzas, lei da propiedade intelectual e dereitos de autor.

  • Software para crear e procesar imaxes. Optimización de imaxes para a web.

  • Audio: formatos e conversións (exportar e importar).

  • Vídeo: codificación de vídeo, formatos e conversións (exportar e importar).

  • Animacións. Animación de imaxes e texto.

  • Integración de audio e vídeo nunha animación.

BC4. Integración de contido multimedia e interactivo

  • Elementos multimedia e interactivos.

  • Soporte de contido multimedia e interactivo nos navegadores web.

  • Comportamentos dos elementos multimedia e interactivos.

  • Ferramentas gráficas para o desenvolvemento de contido multimedia interactivo.

BC5. Deseño de webs accesibles

  • Accesibilidade web.

  • Principios xerais de deseño accesible.

  • Pautas de accesibilidade ao contido na web.

  • Técnicas para satisfacer os requisitos definidos na accesibilidade ao contido web. Prioridades, puntos de verificación e niveis de conformidade.

  • Métodos para realizar revisións preliminares e avaliacións de adecuación ou conformi- dade de documentos web.

  • Ferramentas de análise de accesibilidade web.

  • Comprobación da accesibilidade web desde diferentes navegadores.

BC6. Implementación da usabilidade na web. Deseño amigable

  • Concepto de usabilidade de documentos web.

  • Técnicas de análise da usabilidade de documentos web.

  • Ferramentas e tests de verificación da usabilidade de documentos web.

  • Identificación do obxectivo da web.

  • Tipos de usuario.

  • Barreiras identificadas polos usuarios.

  • Información doadamente accesible.

  • Velocidade de conexión.

  • Importancia do uso de estándares.

  • Navegación doadamente lembrada fronte a navegación redescuberta.

  • Facilidade de navegación na web.

  • Verificación da usabilidade en diversos navegadores e tecnoloxías.