MP0612 - Desenvolvemento Web en Contorno Cliente (DWEC)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en Desarrollo Web en Entorno Cliente (DWEC)

  • Código: MP0612

  • Duración: 157 horas.

  • Equivalencia en créditos ECTS: 9

Resultados de Aprendizaxe (RA)#

  1. RA1. Selecciona as arquitecturas e as tecnoloxías de programación sobre clientes web

  2. RA2. Escribe sentenzas simples aplicando a sintaxe da linguaxe, e verifica a súa execución sobre navegadores web.

  3. RA3. Escribe código, para o que identifica e aplica as funcionalidades achegadas polos obxectos predefinidos da linguaxe.

  4. RA4. Programa código para clientes web para o que analiza e utiliza estruturas definidas polo usuario.

  5. RA5. Desenvolve aplicacións web interactivas integrando mecanismos de manexo de eventos.

  6. RA6. Desenvolve aplicacións web, para o que analiza e aplica as características do modelo de obxectos do documento.

  7. RA7. Desenvolve aplicacións web dinámicas, para o que recoñece e aplica mecanismos de comunicación asíncrona entre

Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Selecciona as arquitecturas e as tecnoloxías de programación sobre clientes web, para o que identifica e analiza as capacidades e as características de cada unha.

  • CA1.1. Caracterizáronse e diferenciáronse os modelos de execución de código no servidor e no cliente web.

  • CA1.2. Identificáronse as capacidades e os mecanismos de execución de código dos navegadores web.

  • CA1.3. Identificáronse e caracterizáronse as principais linguaxes relacionadas coa programación de clientes web.

  • CA1.4. Recoñecéronse as particularidades da programación de guións, e as súas vantaxes e desvantaxes sobre a programación tradicional.

  • CA1.5. Verificáronse os mecanismos de integración das linguaxes de marcas coas linguaxes de programación de clientes web.

  • CA1.6. Recoñecéronse e avaliáronse as ferramentas de programación sobre clientes web.

RA2. Escribe sentenzas simples aplicando a sintaxe da linguaxe, e verifica a súa execución sobre navegadores web.

  • CA2.1. Seleccionouse unha linguaxe de programación de clientes web en función das súas posibilidades.

  • CA2.2. Utilizáronse diversos tipos de variables e operadores dispoñibles na linguaxe.

  • CA2.3. Identificáronse os ámbitos de uso das variables.

  • CA2.4. Recoñecéronse e comprobáronse as peculiaridades da linguaxe respecto ás conversións entre tipos de datos.

  • CA2.5. Utilizáronse mecanismos de decisión na creación de bloques de sentenzas.

  • CA2.6. Utilizáronse bucles e verificouse o seu funcionamento.

  • CA2.7. Engadíronselle comentarios ao código.

  • CA2.8. Utilizáronse ferramentas e contornos para facilitar a programación, a proba e a depuración do código.

RA3. Escribe código, para o que identifica e aplica as funcionalidades achegadas polos obxectos predefinidos da linguaxe.

  • CA3.1. Identificáronse os obxectos predefinidos da linguaxe.

  • CA3.2. Analizáronse os obxectos referentes ás ventás do navegador e os documentos web que conteñan.

  • CA3.3. Escribíronse sentenzas que utilicen os obxectos predefinidos da linguaxe para cambiar o aspecto do navegador e o documento que conteña.

  • CA3.4. Xeráronse textos e etiquetas como resultado da execución de código no navegador.

  • CA3.5. Escribíronse sentenzas que utilicen os obxectos predefinidos da linguaxe para interactuar co usuario.

  • CA3.6. Utilizáronse as características propias da linguaxe en documentos compostos por varias ventás e marcos.

  • CA3.7. Utilizáronse cookies para almacenar información e recuperar o seu contido.

  • CA3.8. Depurouse e documentouse o código.

RA4. Programa código para clientes web, para o que analiza e utiliza estruturas definidas polo usuario.

  • CA4.1. Clasificáronse e utilizáronse as funcións predefinidas da linguaxe.

  • CA4.2. Creáronse e utilizáronse funcións definidas polo usuario.

  • CA4.3. Recoñecéronse as características da linguaxe relativas á creación e o uso de arrays.

  • CA4.4. Creáronse e utilizáronse arrays.

  • CA4.5. Recoñecéronse as características de orientación a obxectos da linguaxe.

  • CA4.6. Creouse código para definir a estrutura de obxectos.

  • CA4.7. Creáronse métodos e propiedades.

  • CA4.8. Creouse código que faga uso de obxectos definidos polo usuario.

  • CA4.9. Depurouse e documentouse o código.

RA5. Desenvolve aplicacións web interactivas integrando mecanismos de manexo de eventos.

  • CA5.1. Recoñecéronse as posibilidades da linguaxe de marcas relativas á captura dos eventos producidos.

  • CA5.2. Identificáronse as características da linguaxe de programación relativas á xestión dos eventos.

  • CA5.3. Diferenciáronse os tipos de eventos que se poden manexar.

  • CA5.4. Creouse un código que capture e utilice eventos.

  • CA5.5. Recoñecéronse as capacidades da linguaxe relativas á xestión de formularios web.

  • CA5.6. Validáronse formularios web utilizando eventos.

  • CA5.7. Utilizáronse expresións regulares para facilitar os procedementos de validación.

  • CA5.8. Probouse e documentouse o código.

RA6. Desenvolve aplicacións web, para o que analiza e aplica as características do modelo de obxectos do documento.

  • CA6.1. Recoñeceuse o modelo de obxectos do documento dunha páxina web.

  • CA6.2. Identificáronse os obxectos do modelo, as súas propiedades e os seus métodos.

  • CA6.3. Creouse e verificouse un código que acceda á estrutura do documento.

  • CA6.4. Creáronse novos elementos da estrutura e modificáronse elementos xa existentes.

  • CA6.5. Asociáronse accións aos eventos do modelo.

  • CA6.6. Identificáronse as diferenzas que presenta o modelo en función dos navegadores.

  • CA6.7. Programáronse aplicacións web de xeito que funcionen en navegadores con diferentes implementacións do modelo.

  • CA6.8. Independizáronse o contido, o aspecto e o comportamento en aplicacións web.

RA7. Desenvolve aplicacións web dinámicas, para o que recoñece e aplica mecanismos de comunicación asíncrona entre cliente e servidor.

  • CA7.1. Avaliáronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar mecanismos de comunicación asíncrona entre cliente e servidor web.

  • CA7.2. Analizáronse os mecanismos dispoñibles para o establecemento da comunicación asíncrona.

  • CA7.3. Utilizáronse os obxectos relacionados.

  • CA7.4. Identificáronse as propiedades e os métodos dos obxectos relacionados.

  • CA7.5. Utilizouse comunicación asíncrona na actualización dinámica do documento web.

  • CA7.6. Utilizáronse distintos formatos no envío e na recepción de información.

  • CA7.7. Programáronse aplicacións web asíncronas de xeito que funcionen en diferentes navegadores.

  • CA7.8. Clasificáronse e analizáronse librarías que faciliten a incorporación das tecnoloxías de actualización dinámica á programación de páxinas web.

  • CA7.9. Creáronse e depuráronse programas que utilicen estas librarías.

Contidos Básicos#

BC1. Selección de arquitecturas e ferramentas de programación

  • Modelos de programación en contornos cliente-servidor.

  • Mecanismos de execución de código nun navegador web.

  • Capacidades e limitacións de execución de código nos navegadores web.

  • Linguaxes de programación en contorno cliente.

  • Tecnoloxías e linguaxes asociados.

  • Integración do código coas etiquetas HTML.

BC2. Manexo da sintaxe da linguaxe

  • Variables e constantes: ámbito de uso.

  • Tipos de datos: conversión entre tipos.

  • Asignacións.

  • Operadores.

  • Expresións.

  • Comentarios ao código.

  • Sentenzas e bloques de sentenzas.

  • Decisións.

  • Bucles.

  • Uso de contornos de desenvolvemento integrados.

  • Depuración e documentación do código.

BC3. Uso dos obxectos predefinidos da linguaxe

  • Uso de obxectos. Obxectos nativos da linguaxe.

  • Interacción co navegador. Obxectos predefinidos asociados.

  • Xeración de texto e elementos HTML desde código.

  • Aplicacións prácticas dos marcos.

  • Xestión da aparencia da ventá.

  • Creación de novas ventás e comunicación entre ventás.

  • Uso de cookies.

BC4. Programación con arrays: funcións e obxectos definidos polo usuario

  • Funcións predefinidas da linguaxe.

  • Chamadas a funcións. Definición de funcións.

  • Arrays.

  • Creación e utilización de obxectos.

  • Definición de métodos e propiedades.

BC5. Interacción co usuario: eventos e formularios

  • Modelo de xestión de eventos.

  • Uso de formularios desde código.

  • Modificación de aparencia e comportamento.

  • Validación e envío.

  • Expresións regulares nos procedementos de validación de formularios.

BC6. Uso do modelo de obxectos do documento

  • Modelo de obxectos do documento.

  • Obxectos do modelo: propiedades e métodos.

  • Acceso ao documento desde código.

  • Creación e modificación de elementos do documento.

  • Programación de eventos.

  • Diferenzas nas implementacións do modelo.

  • Independencia do contido, aspecto e comportamento das aplicacións web.

BC7. Uso de mecanismos de comunicación asíncrona

  • Mecanismos de comunicación asíncrona.

  • Obxectos relacionados: propiedades e métodos.

  • Modificación dinámica do documento utilizando comunicación asíncrona.

  • Formatos para o envío e a recepción de información.

  • Programación de aplicacións con comunicación asíncrona.

  • Librarías de actualización dinámica.