MP0613 - Desenvolvemento Web en Contorno Servidor (DWES)#

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en Desarrollo Web en Entorno Servidor (DWES)

  • Código: MP0613

  • Duración: 175 horas.

  • Equivalencia en créditos ECTS: 12.

Resultados de Aprendizaxe (RA)#

  • RA1. Selecciona as arquitecturas e as tecnoloxías de programación web en contorno servidor, para o que analiza as súas capacidades e as súas características propias.

  • RA2. Escribe sentenzas executables por un servidor web, para o que recoñece e aplica procedementos de integración do código en linguaxes de marcas.

  • RA3. Escribe bloques de sentenzas embebidos en linguaxes de marcas, para o que selecciona e utiliza as estruturas de programación

  • RA4. Desenvolve aplicacións web embebidas en linguaxes de marcas, para o que analiza e incorpora funcionalidades segundo as especificacións.

  • RA5. Desenvolve aplicacións web, para o que identifica e aplica mecanismos para separar o código de presentación da lóxica de negocio.

  • RA6. Desenvolve aplicacións de acceso a almacéns de datos, aplicando medidas para manter a seguridade e a integridade da información.

  • RA7. Desenvolve servizos web, analiza o seu funcionamento e implanta a estrutura dos seus compoñentes.

  • RA8. Xera páxinas web dinámicas, para o que analiza e utiliza tecnoloxías do servidor web que engadan código á linguaxe de marcas.

  • RA9. Desenvolve aplicacións web híbridas, para o que selecciona e utiliza librarías de código e repositorios heteroxéneos de información.

Criterios de Avaliación (CA)#

RA1. Selecciona as arquitecturas e as tecnoloxías de programación web en contorno servidor, para o que analiza as súas capacidades e as súas características propias.

  • CA1.1. Caracterizáronse e diferenciáronse os modelos de execución de código no servidor e no cliente web.

  • CA1.2. Recoñecéronse as vantaxes da xeración dinámica de páxinas web e as súas diferenzas coa inclusión de sentenzas de guións no interior das páxinas web.

  • CA1.3. Identificáronse os mecanismos de execución de código nos servidores web.

  • CA1.4. Recoñeceuse a funcionalidade que achegan os servidores de aplicacións e a súa integración cos servidores web.

  • CA1.5. Identificáronse e caracterizáronse as linguaxes e as tecnoloxías principais relacionadas coa programación web en contorno servidor.

  • CA1.6. Verificáronse os mecanismos de integración das linguaxes de marcas coas linguaxes de programación en contorno servidor.

  • CA1.7. Recoñecéronse e avaliáronse as ferramentas de programación en contorno servidor.

RA2. Escribe sentenzas executables por un servidor web, para o que recoñece e aplica procedementos de integración do código en linguaxes de marcas.

  • CA2.1. Recoñecéronse os mecanismos de xeración de páxinas web a partir de linguaxes de marcas con código embebido.

  • CA2.2. Identificáronse as principais tecnoloxías asociadas.

  • CA2.3. Utilizáronse etiquetas para a inclusión de código na linguaxe de marcas.

  • CA2.4. Recoñeceuse a sintaxe da linguaxe de programación que se deba utilizar.

  • CA2.5. Escribíronse sentenzas simples e comprobáronse os seus efectos no documento resultante.

  • CA2.6. Utilizáronse directivas para modificar o comportamento predeterminado.

  • CA2.7. Utilizáronse diversos tipos de variables e operadores dispoñibles na linguaxe.

  • CA2.8. Identificáronse os ámbitos de uso das variables.

RA3. Escribe bloques de sentenzas embebidos en linguaxes de marcas, para o que selecciona e utiliza as estruturas de programación

  • CA3.1. Utilizáronse mecanismos de decisión na creación de bloques de sentenzas.

  • CA3.2. Utilizáronse bucles e verificouse o seu funcionamento.

  • CA3.3. Utilizáronse arrays para almacenar e recuperar conxuntos de datos.

  • CA3.4. Creáronse e utilizáronse funcións.

  • CA3.5. Utilizáronse formularios web para interactuar co usuario do navegador web.

  • CA3.6. Empregáronse métodos para recuperar a información introducida no formulario.

  • CA3.7. Engadíronse comentarios ao código.

RA4. Desenvolve aplicacións web embebidas en linguaxes de marcas, para o que analiza e incorpora funcionalidades segundo as especificacións.

  • CA4.1. Identificáronse os mecanismos dispoñibles para o mantemento da información asociada a un cliente web concreto e sinalaronse as súas vantaxes.

  • CA4.2. Utilizáronse sesións para manter o estado das aplicacións web.

  • CA4.3. Utilizáronse cookies para almacenar información no cliente web e recuperouse o seu contido.

  • CA4.4. Identificáronse e caracterizáronse os mecanismos dispoñibles para a autenticación de usuarios.

  • CA4.5. Escribíronse aplicacións que integren mecanismos de autenticación de usuarios.

  • CA4.6. Realizáronse adaptacións a aplicacións web existentes como xestores de contidos ou outras.

  • CA4.7. Utilizáronse ferramentas e contornos para facilitar a programación, a proba e a depuración do código.

RA5. Desenvolve aplicacións web, para o que identifica e aplica mecanismos para separar o código de presentación da lóxica de negocio.

  • CA5.1. Identificáronse as vantaxes de separar a lóxica de negocio dos aspectos de presentación da aplicación.

  • CA5.2. Analizáronse tecnoloxías e mecanismos que permitan realizar esta separación e as súas características principais.

  • CA5.3. Utilizáronse obxectos e controis no servidor para xerar o aspecto visual da aplicación web no cliente.

  • CA5.4. Utilizáronse formularios xerados de xeito dinámico para responder aos eventos da aplicación web.

  • CA5.5. Identificáronse e aplicáronse os parámetros relativos á configuración da aplicación web.

  • CA5.6. Escribíronse aplicacións web con mantemento de estado e separación da lóxica de negocio.

  • CA5.7. Aplicáronse os principios da programación orientada a obxectos.

  • CA5.8. Probouse e documentouse o código.

RA6. Desenvolve aplicacións de acceso a almacéns de datos, aplicando medidas para manter a seguridade e a integridade da información.

  • CA6.1. Analizáronse as tecnoloxías que permitan o acceso mediante programación á información dispoñible en almacéns de datos.

  • CA6.2. Creáronse aplicacións que establezan conexións con bases de datos.

  • CA6.3. Recuperouse información almacenada en bases de datos.

  • CA6.4. Publicouse en aplicacións web a información recuperada.

  • CA6.5. Utilizáronse conxuntos de datos para almacenar a información.

  • CA6.6. Creáronse aplicacións web que permitan a actualización e a eliminación de información dispoñible nunha base de datos.

  • CA6.7. Utilizáronse transaccións para manter a consistencia da información.

  • CA6.8. Probáronse e documentáronse as aplicacións.

RA7. Desenvolve servizos web, analiza o seu funcionamento e implanta a estrutura dos seus compoñentes.

  • CA7.1. Recoñecéronse as características propias e o ámbito de aplicación dos servizos web.

  • CA7.2. Recoñecéronse as vantaxes de utilizar servizos web para proporcionar acceso a funcionalidades incorporadas á lóxica de negocio dunha aplicación.

  • CA7.3. Identificáronse as tecnoloxías e os protocolos implicados na publicación e no uso de servizos web.

  • CA7.4. Programouse un servizo web.

  • CA7.5. Creouse o documento de descrición do servizo web.

  • CA7.6. Verificouse o funcionamento do servizo web.

  • CA7.7. Consumiuse o servizo web.

RA8. Xera páxinas web dinámicas, para o que analiza e utiliza tecnoloxías do servidor web que engadan código á linguaxe de marcas.

  • CA8.1. Identificáronse as diferenzas entre a execución de código no servidor e no cliente web.

  • CA8.2. Recoñecéronse as vantaxes de unir ambas as tecnoloxías no proceso de desenvolvemento de programas.

  • CA8.3. Identificáronse as librarías e as tecnoloxías relacionadas coa xeración por parte do servidor de páxinas web con guións embebidos.

  • CA8.4. Utilizáronse estas tecnoloxías para xerar páxinas web que inclúan interacción co usuario en forma de advertencias e peticións de confirmación.

  • CA8.5. Utilizáronse estas tecnoloxías para xerar páxinas web que inclúan verificación de formularios.

  • CA8.6. Utilizáronse estas tecnoloxías para xerar páxinas web que inclúan modificación dinámica do seu contido e a súa estrutura.

  • CA8.7. Aplicáronse estas tecnoloxías na programación de aplicacións web.

RA9. Desenvolve aplicacións web híbridas, para o que selecciona e utiliza librarías de código e repositorios heteroxéneos de información.

  • CA9.1. Recoñecéronse as vantaxes que proporciona a reutilización de código e o aproveitamento de información xa existente.

  • CA9.2. Identificáronse librarías de código e tecnoloxías aplicables na creación de aplicacións web híbridas.

  • CA9.3. Creouse unha aplicación web que recupere e procese repositorios de información xa existentes.

  • CA9.4. Creáronse repositorios específicos a partir de información existente en internet e en almacéns de información.

  • CA9.5. Utilizáronse librarías de código para incorporar funcións específicas a unha aplicación web.

  • CA9.6. Programáronse servizos e aplicacións web utilizando como base información e código xerados por terceiros.

  • CA9.7. Probáronse, depuráronse e documentáronse as aplicacións xeradas.

Contidos Básicos#

BC1. Selección de arquitecturas e ferramentas de programación

  1. Modelos de programación en contornos cliente-servidor.

  2. Mecanismos de execución de código nun servidor web.

  3. Xeración dinámica de páxinas web.

  4. Linguaxes de programación en contorno servidor.

  5. Integración coas linguaxes de marcas.

  6. Tecnoloxías asociadas coas aplicacións web.

  7. Servidores de aplicacións.

  8. Integración cos servidores web.

  9. Ferramentas de programación.

BC2. Inserción de código en páxinas web

  1. Linguaxes embebidas en HTML.

  2. Tecnoloxías asociadas: PHP, ASP, JSP, servlets, etc.

  3. O contedor web.

  4. Obtención da linguaxe de marcas para amosar no cliente.

  5. Etiquetas para inserción de código.

  6. Bloques de código.

  7. Directivas.

  8. Tipos de datos: conversións entre tipos.

  9. Variables: ámbitos de uso.

BC3. Programación baseada en linguaxes de marcas con código embebido

  1. Mecanismos para a toma de decisións.

  2. Bucles.

  3. Tipos de datos compostos. Arrays.

  4. Funcións.

  5. Recuperación e uso de información proveniente do cliente web.

  6. Procesamento da información introducida nun formulario.

  7. Comentarios.

BC4. Desenvolvemento de aplicacións web utilizando código embebido

  1. Mantemento do estado.

  2. Sesións.

  3. Cookies.

  4. Seguridade: usuarios, perfís e papeis.

  5. Autenticación de usuarios.

  6. Adaptación de aplicacións web existentes.

  7. Probas e depuración.

BC5. Xeración dinámica de páxinas web

  1. Mecanismos de separación da lóxica de negocio.

  2. Tecnoloxías asociadas.

  3. Controis de servidor.

  4. Mantemento do estado dos controis.

  5. Mecanismos de xeración dinámica da interface web. BC6. Uso de técnicas de acceso a datos

  6. Establecemento de conexións con bases de datos relacionais.

  7. Recuperación e edición de información.

  8. Visualización da información en páxinas web.

  9. Uso de conxuntos de resultados.

  10. Mecanismos de edición da información nun cliente web.

  11. Execución de sentenzas SQL.

  12. Transaccións.

  13. Uso doutras orixes de datos.

BC7. Programación de servizos web

  1. Tecnoloxías de servizos web.

  2. Mecanismos e protocolos implicados.

  3. Xeración dun servizo web.

  4. Descrición do servizo.

  5. Interface dun servizo web.

  6. Verificación e uso dun servizo web.

BC8. Xeración dinámica de páxinas web interactivas

  1. Execución de código no servidor e no cliente.

  2. Librarías e tecnoloxías relacionadas.

  3. Xeración dinámica de páxinas interactivas.

  4. Controis con verificación de información no cliente.

  5. Obtención remota de información.

  6. Modificación dinámica da estrutura da páxina web. BC9. Desenvolvemento de aplicacións web híbridas

  7. Reutilización de código e información.

  8. Arquitectura das aplicacións web híbridas.

  9. Interfaces de programación de aplicacións dispoñibles.

  10. Uso de información proveniente de repositorios.

  11. Creación de repositorios á medida.

  12. Incorporación de funcionalidades específicas.