MP0612 - Desenvolvemento Web en Contorno Cliente (DWEC)¶
Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en DWeC - Desarrollo Web en Entorno Cliente
Por cada RA pódense ver os criterios de avaliación ( CA ), e o tema onde se trata e avalía. Varios CAs trátanse en mais dun tema.
Código: MP0612
Duración: 157 horas.
Equivalencia en créditos ECTS: 9
Resultados de Aprendizaxe (RA) e Criterios de Avaliación (CA)¶
RA1. Selecciona as arquitecturas e as tecnoloxías de programación sobre clientes web, para o que identifica e analiza as capacidades e as características de cada unha.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA1.1. Caracterizáronse e diferenciáronse os modelos de execución de código no servidor e no cliente web |
|
CA1.2. Identificáronse as capacidades e os mecanismos de execución de código dos navegadores web |
|
CA1.3. Identificáronse e caracterizáronse as principais linguaxes relacionadas coa programación de clientes web |
|
CA1.4. Recoñecéronse as particularidades da programación de guións, e as súas vantaxes e desvantaxes sobre a programación tradicional |
|
CA1.5. Verificáronse os mecanismos de integración das linguaxes de marcas coas linguaxes de programación de clientes web |
|
CA1.6. Recoñecéronse e avaliáronse as ferramentas de programación sobre clientes web |
RA3. Escribe código, para o que identifica e aplica as funcionalidades achegadas polos obxectos predefinidos da linguaxe.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA3.1. Identificáronse os obxectos predefinidos da linguaxe |
|
CA3.2. Analizáronse os obxectos referentes ás ventás do navegador e os documentos web que conteñan |
|
CA3.3. Escribíronse sentenzas que utilicen os obxectos predefinidos da linguaxe para cambiar o aspecto do navegador e o documento que conteña |
|
CA3.4. Xeráronse textos e etiquetas como resultado da execución de código no navegador |
|
CA3.5. Escribíronse sentenzas que utilicen os obxectos predefinidos da linguaxe para interactuar co usuario |
|
CA3.6. Utilizáronse as características propias da linguaxe en documentos compostos por varias ventás e marcos |
(xa non se usan marcos) |
CA3.7. Utilizáronse cookies para almacenar información e recuperar o seu contido |
|
CA3.8. Depurouse e documentouse o código |
RA4. Programa código para clientes web, para o que analiza e utiliza estruturas definidas polo usuario.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA4.1. Clasificáronse e utilizáronse as funcións predefinidas da linguaxe |
|
CA4.2. Creáronse e utilizáronse funcións definidas polo usuario |
|
CA4.3. Recoñecéronse as características da linguaxe relativas á creación e o uso de arrays |
|
CA4.4. Creáronse e utilizáronse arrays |
|
CA4.5. Recoñecéronse as características de orientación a obxectos da linguaxe |
|
CA4.6. Creouse código para definir a estrutura de obxectos |
|
CA4.7. Creáronse métodos e propiedades |
|
CA4.8. Creouse código que faga uso de obxectos definidos polo usuario |
|
CA4.9. Depurouse e documentouse o código |
RA5. Desenvolve aplicacións web interactivas integrando mecanismos de manexo de eventos.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA5.1. Recoñecéronse as posibilidades da linguaxe de marcas relativas á captura dos eventos producidos |
|
CA5.2. Identificáronse as características da linguaxe de programación relativas á xestión dos eventos |
|
CA5.3. Diferenciáronse os tipos de eventos que se poden manexar |
|
CA5.4. Creouse un código que capture e utilice eventos |
|
CA5.5. Recoñecéronse as capacidades da linguaxe relativas á xestión de formularios web |
|
CA5.6. Validáronse formularios web utilizando eventos |
|
CA5.7. Utilizáronse expresións regulares para facilitar os procedementos de validación |
|
CA5.8. Probouse e documentouse o código |
RA6. Desenvolve aplicacións web, para o que analiza e aplica as características do modelo de obxectos do documento.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA6.1. Recoñeceuse o modelo de obxectos do documento dunha páxina web |
|
CA6.2. Identificáronse os obxectos do modelo, as súas propiedades e os seus métodos |
|
CA6.3. Creouse e verificouse un código que acceda á estrutura do documento |
|
CA6.4. Creáronse novos elementos da estrutura e modificáronse elementos xa existentes. |
|
CA6.5. Asociáronse accións aos eventos do modelo |
|
CA6.6. Identificáronse as diferenzas que presenta o modelo en función dos navegadores |
Non (úsase a web api estándar) |
CA6.7. Programáronse aplicacións web de xeito que funcionen en navegadores con diferentes implementacións do modelo. |
Non (úsase a web api estándar) |
CA6.8. Independizáronse o contido, o aspecto e o comportamento en aplicacións web |
RA7. Desenvolve aplicacións web dinámicas, para o que recoñece e aplica mecanismos de comunicación asíncrona entre cliente e servidor.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA7.1. Avaliáronse as vantaxes e os inconvenientes de utilizar mecanismos de comunicación asíncrona entre cliente e servidor web |
|
CA7.2. Analizáronse os mecanismos dispoñibles para o establecemento da comunicación asíncrona |
|
CA7.3. Utilizáronse os obxectos relacionados |
|
CA7.4. Identificáronse as propiedades e os métodos dos obxectos relacionados |
|
CA7.5. Utilizouse comunicación asíncrona na actualización dinámica do documento web |
|
CA7.6. Utilizáronse distintos formatos no envío e na recepción de información |
|
CA7.7. Programáronse aplicacións web asíncronas de xeito que funcionen en diferentes navegadores |
|
CA7.8. Clasificáronse e analizáronse librarías que faciliten a incorporación das tecnoloxías de actualización dinámica á programación de páxinas web. |
|
CA7.9. Creáronse e depuráronse programas que utilicen estas librarías. |
Contidos Básicos¶
BC1. Selección de arquitecturas e ferramentas de programación
Modelos de programación en contornos cliente-servidor.
Mecanismos de execución de código nun navegador web.
Capacidades e limitacións de execución de código nos navegadores web.
Linguaxes de programación en contorno cliente.
Tecnoloxías e linguaxes asociados.
Integración do código coas etiquetas HTML.
BC2. Manexo da sintaxe da linguaxe
Variables e constantes: ámbito de uso.
Tipos de datos: conversión entre tipos.
Asignacións.
Operadores.
Expresións.
Comentarios ao código.
Sentenzas e bloques de sentenzas.
Decisións.
Bucles.
Uso de contornos de desenvolvemento integrados.
Depuración e documentación do código.
BC3. Uso dos obxectos predefinidos da linguaxe
Uso de obxectos. Obxectos nativos da linguaxe.
Interacción co navegador. Obxectos predefinidos asociados.
Xeración de texto e elementos HTML desde código.
Aplicacións prácticas dos marcos.
Xestión da aparencia da ventá.
Creación de novas ventás e comunicación entre ventás.
Uso de cookies.
BC4. Programación con arrays: funcións e obxectos definidos polo usuario
Funcións predefinidas da linguaxe.
Chamadas a funcións. Definición de funcións.
Arrays.
Creación e utilización de obxectos.
Definición de métodos e propiedades.
BC5. Interacción co usuario: eventos e formularios
Modelo de xestión de eventos.
Uso de formularios desde código.
Modificación de aparencia e comportamento.
Validación e envío.
Expresións regulares nos procedementos de validación de formularios.
BC6. Uso do modelo de obxectos do documento
Modelo de obxectos do documento.
Obxectos do modelo: propiedades e métodos.
Acceso ao documento desde código.
Creación e modificación de elementos do documento.
Programación de eventos.
Diferenzas nas implementacións do modelo.
Independencia do contido, aspecto e comportamento das aplicacións web.
BC7. Uso de mecanismos de comunicación asíncrona
Mecanismos de comunicación asíncrona.
Obxectos relacionados: propiedades e métodos.
Modificación dinámica do documento utilizando comunicación asíncrona.
Formatos para o envío e a recepción de información.
Programación de aplicacións con comunicación asíncrona.
Librarías de actualización dinámica.