MP0382 - Proxecto Fin de Ciclo (PFC)

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O título concreto é Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede.

  • Código: MP0379

  • Equivalencia en créditos ECTS: 5

  • Duración: 26 horas

Resultados de Aprendizaxe (RA)

RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde se desenvolvan as súas fases.

RA3. Planifica a posta en funcionamento ou execución do proxecto, e determina o plan de intervención e a documentación asociada.

RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado, e xustifica o procedemento seguido.

Criterios de Avaliación (CA)

RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

  • CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

  • CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo indicando a estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

  • CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

  • CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

  • CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

  • CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

  • CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

  • CA1.8. Identificáronse posibles axudas ou subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

  • CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para a elaboración do proxecto.

RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde se desenvolvan as súas fases.

  • CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se vaian tratar no proxecto.

  • CA2.2. Realizouse o estudo da súa viabilidade técnica.

  • CA2.3. Identificáronse as fases ou partes do proxecto, así como o seu contido.

  • CA2.4. Establecéronse os obxectivos e identificouse o seu alcance.

  • CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

  • CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

  • CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a súa posta en marcha.

  • CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

  • CA2.9. Identificáronse os aspectos que cumpra controlar para garantir a calidade do proxecto.

RA3. Planifica a posta en funcionamento ou execución do proxecto, e determina o plan de intervención e a documentación asociada.

  • CA3.1. Estableceuse a secuencia das actividades en función das necesidades de posta en práctica.

  • CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

  • CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

  • CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

  • CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á execución, e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

  • CA3.6. Planificáronse a asignación de recursos materiais e humanos, e os tempos de execución.

  • CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da execución.

  • CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a execución.

RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto, e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

  • CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou das intervencións.

  • CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

  • CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que poidan presentarse durante a realización das actividades, a súa posible solución e o seu rexistro.

  • CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os posibles cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

  • CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

  • CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación dos usuarios ou clientes e elaboráronse os documentos específicos.

  • CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto, cando este exista.

RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado, e xustifica o procedemento seguido.

  • CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

  • CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

  • CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

  • CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

  • CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

  • CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

  • CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

  • CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

  • CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

  • CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

Contidos Básicos

Non hai contidos básicos.