MP0375- Servizos de Rede e Internet (SRI)

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O meu material de traballo está en SRI - Servicios de Red e Internet

  • Código: MP0375

  • Equivalencia en créditos ECTS: 8

  • Duración: 140

Resultados de Aprendizaxe (RA)

RA1. Analiza e administra servizos de resolución de nomes con garantía da seguridade do servizo.

RA2. Interconecta e administra sistemas en rede instalando mecanismos automatizados de configuración, e verifica a correcta asignación dos parámetros.

RA3. Administra servidores web configurando o servizo de acordo coas necesidades de uso.

RA4. Instala e administra servizos de transferencia de ficheiros, e verifica que se asegure e se limite o acceso á información.

RA5. Instala e administra servidores de correo electrónico aplicando criterios de configuración, de xeito que se garanta a seguridade do servizo.

RA6. Instala e administra servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución, de xeito que se asegure o acceso dos

RA7. Instala e administra servizos de audio, e adapta os formatos en función das necesidades de distribución identificadas.

RA8. Instala e administra servizos de vídeo, e adapta os formatos en función das necesidades de distribución identificadas.

Criterios de Avaliación (CA)

RA1. Analiza e administra servizos de resolución de nomes con garantía da seguridade do servizo.

CA1.1. Identificáronse e describíronse escenarios en que xurda a necesidade dun servizo de resolución de nomes.

CA1.2. Clasificáronse os principais mecanismos de resolución de nomes.

CA1.3. Describiuse a estrutura, a nomenclatura e a funcionalidade dos sistemas de nomes xerárquicos.

CA1.4. Instaláronse e configuráronse servizos xerárquicos de resolución de nomes en sistemas operativos libres e propietarios.

CA1.5. Preparouse o servizo para reenviar consultas de recursos externos a outro servidor de nomes.

CA1.6. Preparouse o servizo para almacenar e distribuír as respostas procedentes doutros servidores.

CA1.7. Engadíronse rexistros de nomes correspondentes a unha zona nova, con opcións relativas a servidores de correo e alias.

CA1.8. Implementáronse solucións de servidores de nomes en enderezos IP dinámicos.

CA1.9. Realizáronse transferencias de zona entre dous ou máis servidores.

CA1.10. Documentáronse os procedementos de instalación e configuración de servizos de resolución de nomes.

RA2. Interconecta e administra sistemas en rede instalando mecanismos automatizados de configuración, e verifica a correcta asignación dos parámetros.

CA2.1. Recoñecéronse os mecanismos automatizados de configuración dos parámetros de rede e as súas vantaxes.

CA2.2. Ilustráronse os procedementos e as pautas que interveñen nunha solicitude de configuración dos parámetros de rede.

CA2.3. Instaláronse servidores de configuración dos parámetros de rede en sistemas operativos libres e propietarios.

CA2.4. Preparouse o servizo para lles asignar a configuración básica aos equipamentos dunha rede local.

CA2.5. Configuráronse asignacións estáticas e dinámicas dos parámetros de rede.

CA2.6. Integráronse no servizo opcións adicionais de configuración dos parámetros de rede.

CA2.7. Documentáronse os procedementos realizados na administración de mecanismos automatizados de configuración dos parámetros de rede.

RA3. Administra servidores web configurando o servizo de acordo coas necesidades de uso.

CA3.1. Describíronse os fundamentos e os protocolos en que se basea o funcionamento dun servidor web.

CA3.2. Instaláronse e configuráronse servidores web en sistemas operativos libres e propietarios.

CA3.3. Ampliouse a funcionalidade do servidor mediante a activación e a configuración de módulos.

CA3.4. Creáronse e configuráronse sitios virtuais.

CA3.5. Configuráronse os mecanismos de autenticación e control de acceso do servidor.

CA3.6. Obtivéronse e instaláronse certificados dixitais.

CA3.7. Establecéronse mecanismos para asegurar as comunicacións entre cliente e servidor.

CA3.8. Realizáronse probas de monitorización do servizo.

CA3.9. Analizáronse os rexistros do servizo para a elaboración de estatísticas e a resolución de incidencias.

CA3.10. Elaborouse documentación relativa á instalación, a configuración e as recomendacións de uso do servizo.

RA4. Instala e administra servizos de transferencia de ficheiros, e verifica que se asegure e se limite o acceso á información.

CA4.1. Estableceuse a utilidade e o modo de operación do servizo de transferencia de ficheiros.

CA4.2. Instaláronse e configuráronse servidores de transferencia de ficheiros en sistemas operativos libres e propietarios.

CA4.3. Creáronse usuarios e grupos para acceso remoto ao servidor.

CA4.4. Configurouse o acceso anónimo.

CA4.5. Establecéronse límites nos modos de acceso.

CA4.6. Comprobouse o acceso ao servidor en modo activo e en modo pasivo.

CA4.7. Realizáronse probas con clientes en liña de comandos e en modo gráfico.

CA4.8. Utilizouse o navegador como cliente do servizo de transferencia de ficheiros.

CA4.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, a configuración e as recomendacións de uso do servizo.

RA5. Instala e administra servidores de correo electrónico aplicando criterios de configuración, de xeito que se garanta a seguridade do servizo.

CA5.1. Describíronse os protocolos que interveñen no envío e na recollida do correo electrónico.

CA5.2. Instalouse e configurouse un servidor de correo electrónico en sistemas operativos libres e propietarios.

CA5.3. Creáronse contas de usuario e verificouse o acceso a elas.

CA5.4. Establecéronse e aplicáronse métodos para impedir usos indebidos do servidor de correo electrónico.

CA5.5. Instaláronse servizos para permitir a recollida remota do correo existente nas caixas de usuario.

CA5.6. Usáronse clientes de correo electrónico para enviar e recibir correo desde as contas creadas no servidor.

CA5.7. Utilizouse a sinatura dixital e o correo cifrado.

CA5.8. Configurouse o servidor de correo como un servizo seguro.

CA5.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, á configuración e ás recomendacións de uso do servizo.

RA6. Instala e administra servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución, de xeito que se asegure o acceso dos usuarios.

CA6.1. Describíronse os servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución.

CA6.2. Instalouse e configurouse o servizo de mensaxaría instantánea.

CA6.3. Utilizáronse clientes gráficos e de texto de mensaxaría instantánea.

CA6.4. Instalouse e configurouse o servizo de noticias.

CA6.5. Instalouse e configurouse o servizo de listas de distribución.

CA6.6. Determinouse o tipo de lista e os modos de acceso permitidos.

CA6.7. Creáronse contas de usuario e verificouse o acceso aos servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución.

CA6.8. Elaborouse documentación relativa á instalación, á configuración e ás recomendacións de uso dos servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución.

RA7. Instala e administra servizos de audio, e adapta os formatos en función das necesidades de distribución identificadas.

CA7.1. Describiuse a funcionalidade do servizo de audio.

CA7.2. Instalouse e configurouse un servidor de distribución de audio.

CA7.3. Instalouse e configurouse o cliente para o acceso ao servidor de audio.

CA7.4. Recoñecéronse e utilizáronse formatos de audio dixital.

CA7.5. Utilizáronse ferramentas de reprodución de audio no cliente.

CA7.6. Utilizáronse servizos de audio a través do navegador.

CA7.7. Utilizáronse técnicas de sindicación e subscrición de audio.

CA7.8. Elaborouse documentación relativa á instalación e á administración do servidor de audio.

RA8. Instala e administra servizos de vídeo, e adapta os formatos en función das necesidades de distribución identificadas.

CA8.1. Describiuse a funcionalidade do servizo de vídeo.

CA8.2. Instalouse e configurouse un servidor de vídeo.

CA8.3. Configurouse o cliente para o acceso ao servidor de vídeo.

CA8.4. Recoñecéronse e utilizáronse formatos de compresión de vídeo dixital.

CA8.5. Utilizáronse técnicas de sindicación e subscrición de vídeo.

CA8.6. Describíronse as características e os protocolos utilizados no servizo de videoconferencia.

CA8.7. Instaláronse e configuráronse ferramentas gráficas para realizar videoconferencia.

CA8.8. Utilizáronse ferramentas gráficas e navegadores para realizar videoconferencias.

CA8.9. Elaborouse documentación relativa á instalación e á administración do servidor de vídeo e do servizo de videoconferencia.

Contidos Básicos

BC1. Instalación e administración de servizos de nomes de dominio

  • Sistemas de nomes planos e xerárquicos.

  • Resolutores de nomes. Proceso de resolución dun nome de dominio.

  • Servidores raíz, e dominios de primeiro nivel e sucesivos.

  • Zonas primarias e secundarias: transferencias de zona.

  • Tipos de rexistros.

  • Servidores de nomes en enderezos IP dinámicos.

  • Uso de reenviadores.

  • Resolución inversa.

  • Comandos relativos á resolución de nomes.

  • Ficheiros de configuración.

  • Ferramentas gráficas de configuración

BC2. Instalación e administración de servizos de configuración automática de rede

  • Funcionamento do servizo.

  • Asignacións: tipos.

  • Parámetros e declaracións de configuración.

  • Comandos utilizados para o funcionamento do servizo.

  • Ficheiros de configuración.

  • Ferramentas gráficas de configuración.

BC3. Instalación e administración de servidores web

  • Características xerais dun servidor web.

  • Protocolo HTTP.

  • Tipos MIME.

  • Configuración básica dun servidor web

  • Módulos: instalación, configuración e uso.

  • Hóspedes (hosts) virtuais: creación, configuración e uso.

  • Autenticación e control de acceso.

  • Protocolo HTTPS

  • Certificados. Servidores de certificados.

  • Navegadores web: parámetros de aparencia e uso.

  • Rexistro e configuración.

BC4. Instalación e administración de servizos de transferencia de ficheiros

  • Funcionalidade do servizo. Servidores e clientes.

  • Configuración do servizo de transferencia de ficheiros: permisos e cotas.

  • Tipos de usuarios e accesos ao servizo.

  • Modos de conexión do cliente.

  • Tipos de transferencia de ficheiros.

  • Utilización do servizo en modo texto. Comandos

  • Utilización de ferramentas gráficas.

BC5. Instalación e administración do servizo de correo electrónico

  • Elementos do servizo de correo electrónico. Axentes.

  • Estrutura das mensaxes de correo electrónico.

  • Protocolo de transferencia de mensaxes.

  • Clientes de correo electrónico.

  • Contas de correo, alias e caixas de usuario.

  • Servizo de correo electrónico vía web.

  • Correo seguro: sinatura dixital e cifraxe de mensaxes.

  • Reenvío de correo.

  • Integración de módulos antivirus e filtro para correo non desexado.

  • Protocolos e servizos de descarga de correo.

BC6. Instalación e administración de servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución

  • Características do servizo de mensaxaría instantánea: protocolos.

  • Clientes gráficos e en modo texto de mensaxaría instantánea.

  • Uso da mensaxaría instantánea. Normas de respecto.

  • Características do servizo de noticias: protocolos.

  • Clientes gráficos de noticias.

  • Grupos de noticias

  • Características do servizo de listas de distribución: protocolos.

  • Tipos de listas de distribución e de acceso a elas.

BC7. Instalación e administración do servizo de audio

  • Funcionalidade do servizo de audio.

  • Formatos de audio. Códecs e reprodutores.

  • Servidores de streaming.

  • Sindicación e subscrición de audio. Podcast.

BC8. Instalación e administración do servizo de vídeo

  • Funcionalidade do servizo de vídeo.

  • Formatos de imaxe.

  • Servidores de vídeo.

  • Formatos de vídeo. Códecs e reprodutores.

  • Sindicación e subscrición de vídeo.

  • Videoconferencia.