MP0382 - Formación en Centros de Traballo (FCT)¶
Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O meu material de traballo está en Formación en Centros de Trabajo (FAQ FCT)
Código: MP0382
Equivalencia en créditos ECTS: 22
Duración: 384 horas
Resultados de Aprendizaxe (RA)¶
RA1. Identifica a estrutura e organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.
RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.
RA3. Organiza o procedemento de traballo que deba desenvolver, para o que interpreta a documentación específica.
RA4. Determina as características técnicas da instalación a partir da funcionalidade e das necesidades establecidas.
RA5. Participa no deseño, a posta en marcha e o mantemento de instalacións con servizos de rede local e internet, e documenta a intervención realizada.
RA6. Asiste as persoas usuarias e arranxa problemas da explotación do sistema, segundo as normas e os tempos establecidos.
Criterios de Avaliación (CA)¶
RA1. Identifica a estrutura e organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.
CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.
CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.
CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientes co desenvolvemento da actividade empresarial.
CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.
CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.
CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.
RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.
CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:
Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.
Actitudes persoais (puntualidade e empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e responsabilidade, etc.) necesarias para o posto de traballo.
Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.
Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.
Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.
Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.
Necesidades formativas para a inserción e reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.
CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.
CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.
CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo medio nas actividades desenvolvidas.
CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.
CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado, e interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas.
CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.
CA2.8. Coordinouse co resto do equipo e comunicáronse as incidencias salientables.
CA2.9. Valorouse a importancia da actividade propia e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.
CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.
RA3. Organiza o procedemento de traballo que deba desenvolver, para o que interpreta a documentación específica.
CA3.1. Interpretouse a normativa ou bibliografía adecuada ao tipo de tarefa que se vaia desenvolver.
CA3.2. Definíronse as fases do proceso ou da tarefa que se vaia realizar.
CA3.3. Planificouse o traballo ao establecer unha secuencia e unha prioridade nas fases.
CA3.4. Identificáronse os equipamentos e os servizos auxiliares necesarios para o desenvolvemento da tarefa encomendada.
CA3.5. Organizouse o aprovisionamento e o almacenamento dos recursos materiais.
CA3.6. Valorouse a orde e o método na realización das fases e das tarefas.
CA3.7. Identificouse a normativa que haxa que cumprir segundo a tarefa.
RA4. Determina as características técnicas da instalación a partir da funcionalidade e das necesidades establecidas.
CA4.1. Identificáronse os principais procesos.
CA4.2. Especificáronse as características dos equipamentos e dos accesorios en re-lación con a súa función.
CA4.3. Dimensionáronse os equipamentos e os elementos que configuran a instalación.
CA4.4. Realizouse o inventario de programas e compoñentes da instalación segundo as especificacións establecidas.
CA4.5. Describíronse as principais medidas de seguridade que cumpra adoptar.
CA4.6. Identificouse a normativa aplicable á instalación.
RA5. Participa no deseño, a posta en marcha e o mantemento de instalacións con servizos de rede local e internet, e documenta a intervención realizada.
CA5.1. Adecuouse o plan de traballo ás normas de calidade establecidas.
CA5.2. Desenvolvéronse plans de instalación definindo as etapas, a relación de tare-fas e os tempos previstos.
CA5.3. Realizouse a instalación ou a configuración do sistema operativo.
CA5.4. Desenvolvéronse tarefas de automatización do sistema.
CA5.5. Comprobouse a funcionalidade do sistema segundo os requisitos establecidos.
CA5.6. Desenvolvéronse plans de aprovisionamento e condicións de almacenamento dos equipamentos e dos materiais.
CA5.7. Interpretouse documentación técnica da instalación.
CA5.8. Realizáronse as copias de seguridade dos datos segundo o plan de segurida-de establecido.
CA5.9. Documentouse a intervención realizada e anotáronse as incidencias producidas durante a intervención.
RA6. Asiste as persoas usuarias e arranxa problemas da explotación do sistema, segundo as normas e os tempos establecidos.
CA6.1. Identificáronse as necesidades das persoas usuarias.
CA6.2. Describíronse con indicacións comprensibles os procesos que realiza o sis-tema.
CA6.3. Arranxáronse as incidencias nos tempos previstos.
CA6.4. Realizáronse intervencións sobre os procesos dos usuarios consonte o procedemento establecido.
CA6.5. Asignáronse os recursos do sistema en relación ás necesidades das persoas usuarias.
CA6.6. Documentáronse as incidencias producidas durante a asistencia ás persoas usuarias.
CA6.7. Elaboráronse manuais de instrucións de servizo e mantemento das instalacións.
Contidos Básicos¶
Este módulo é de prácticas, non hai contidos básicos.