MP0615 - Deseño de Interfaces Web (DIW)¶
Este é un módulo desenvolvido curricularmente en DAW - Técnico Superior en Desarrollo de Aplicaciones Web. O meu material de traballo está en DIW - Diseño de Interfaces Web
Código: MP0615
Duración: 157 horas.
Equivalencia en créditos ECTS: 9
Resultados de Aprendizaxe (RA) e Criterios de Avaliación (CA)¶
RA1. Planifica a creación dunha interface web, para o que valora e aplica especificacións de deseño.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA1.1. Recoñeceuse a importancia da comunicación visual e os seus fundamentos. |
|
CA1.2. Analizáronse e seleccionáronse as cores e as tipografías adecuadas para a súa visualización en pantalla. |
|
CA1.3. Analizáronse alternativas para a presentación da información en documentos web. |
|
CA1.4. Valorouse a importancia de definir e aplicar a guía de estilo no desenvolvemento dunha aplicación web. |
|
CA1.5. Utilizáronse e valoráronse aplicacións para o deseño de documentos web. |
(ya vistas en code) |
CA1.6. Utilizáronse marcos, táboas e capas para presentar a información de xeito ordenado. |
|
CA1.7. Creáronse e utilizáronse patróns de deseño. |
RA2. Crea interfaces web homoxéneas, para o que define e aplica estilos.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA2.1. Recoñecéronse as posibilidades de modificar as etiquetas HTML. |
|
CA2.2. Definíronse estilos de xeito directo. |
|
CA2.3. Definíronse e asociáronse estilos globais en follas externas. |
|
CA2.4. Definíronse follas de estilos alternativas. |
|
CA2.5. Redefiníronse estilos. |
|
CA2.6. Identificáronse as propiedades de cada elemento. |
|
CA2.7. Creáronse clases e identificadores de estilos. |
|
CA2.8. Utilizáronse ferramentas de validación de follas de estilos. |
|
CA2.9. Utilizouse e actualizouse a guía de estilo. |
RA3. Prepara ficheiros multimedia para a web, para o que analiza as súas características, manexando ferramentas específicas.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA3.1. Recoñecéronse as implicacións das licenzas e dos dereitos de autor no uso de material multimedia. |
|
CA3.2. Identificáronse os formatos de imaxe, audio e vídeo que cumpra utilizar. |
|
CA3.3. Analizáronse as ferramentas dispoñibles para xerar e manipular contido multimedia. |
|
CA3.4. Empregáronse ferramentas para o tratamento dixital de imaxes. |
|
CA3.5. Utilizáronse ferramentas para manipular audio e vídeo. |
|
CA3.6. Realizáronse animacións a partir de imaxes fixas. |
|
CA3.7. Importáronse e exportáronse imaxes, audio e vídeo en diversos formatos, segundo a súa finalidade. |
|
CA3.8. Aplicáronse guías de estilo para adaptar ficheiros multimedia para a web. |
RA4. Integra contido multimedia en documentos web e valora a súa achega, para o que selecciona adecuadamente os elementos interactivos.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA4.1. Recoñecéronse e analizáronse as tecnoloxías relacionadas coa inclusión de contido multimedia e interactivo. |
|
CA4.2. Identificáronse as necesidades específicas de configuración dos navegadores web para soportar contido multimedia e interactivo. |
|
CA4.3. Utilizáronse ferramentas gráficas para o desenvolvemento de contido multimedia interactivo. |
(descarté Flash y similar) -> Creación de Contenido Multimedia |
CA4.4. Analizouse o código xerado polas ferramentas de desenvolvemento de contido interactivo. |
(descarté Flash y similar) -> Creación de Contenido Multimedia |
CA4.5. Agregáronse elementos multimedia a documentos web. |
|
CA4.6. Engadiuse interactividade a elementos dun documento web . |
|
CA4.7. Verificouse o funcionamento dos elementos multimedia e interactivos en distintos navegadores. |
RA5. Desenvolve interfaces web accesibles, para o que analiza as pautas establecidas, aplicando técnicas de verificación.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA5.1. Recoñeceuse a necesidade de deseñar webs accesibles. |
|
CA5.2. Analizouse a accesibilidade de diversos documentos web. |
|
CA5.3. Identificáronse as principais pautas de accesibilidade ao contido. |
|
CA5.4. Analizáronse os posibles erros segundo os puntos de verificación do nivel de conformidade. |
Diseño para personas (reforzar) |
CA5.5. Alcanzouse o nivel de conformidade desexado no deseño de webs accesibles. |
Diseño para personas (reforzar) |
CA5.6. Verificáronse os niveis alcanzados de accesibilidade web mediante o uso de tests. |
Diseño para personas (reforzar) |
CA5.7. Verificouse a visualización e accesibilidade da interface con diversos navegadores e tecnoloxías. |
Diseño para personas (reforzar) |
RA6. Desenvolve interfaces web amigables, para o que analiza e aplica as pautas de usabilidade establecidas.¶
CA |
Tema |
---|---|
CA6.1. Valorouse a importancia do uso de estándares na creación de documentos web. |
|
CA6.2. Analizáronse técnicas para verificar a usabilidade dun documento web. |
|
CA6.3. Analizouse a usabilidade de diversos documentos web. |
|
CA6.4. Verificouse a facilidade de navegación dun documento web mediante diversos periféricos. |
|
CA6.5. Verificouse a usabilidade da interface web creada en diversos navegadores e tecnoloxías. |
|
CA6.6. Modificouse a interface web para adecuar ao obxectivo que persiga e aos usuarios a quen vaia dirixida. |
Contidos Básicos¶
BC1. Planificación de interfaces gráficas
Elementos do deseño: textura, cor, tipografía e iconas. Percepción visual.
Interacción entre persoa e computador.
Interpretación de guías de estilo: elementos.
Xeración de documentos e sitios web.
Compoñentes dunha interface web.
Aplicacións para desenvolvemento web.
Linguaxes de marcas.
Mapa de navegación. Prototipos.
Maquetación web. Elementos de ordenación.
Patrón de deseño.
BC2. Uso de estilos
Estilos en liña baseados en etiquetas e en clases.
Creación e vinculación de follas de estilo en cascada. Follas de estilo auditivas.
Follas de estilo para imprimir.
Ferramentas e test de verificación.
BC3. Implementación de contido multimedia
Tipos e formatos de imaxes máis axeitados para a web.
Dereitos da propiedade intelectual: licenzas, lei da propiedade intelectual e dereitos de autor.
Software para crear e procesar imaxes. Optimización de imaxes para a web.
Audio: formatos e conversións (exportar e importar).
Vídeo: codificación de vídeo, formatos e conversións (exportar e importar).
Animacións. Animación de imaxes e texto.
Integración de audio e vídeo nunha animación.
BC4. Integración de contido multimedia e interactivo
Elementos multimedia e interactivos.
Soporte de contido multimedia e interactivo nos navegadores web.
Comportamentos dos elementos multimedia e interactivos.
Ferramentas gráficas para o desenvolvemento de contido multimedia interactivo.
BC5. Deseño de webs accesibles
Accesibilidade web.
Principios xerais de deseño accesible.
Pautas de accesibilidade ao contido na web.
Técnicas para satisfacer os requisitos definidos na accesibilidade ao contido web. Prioridades, puntos de verificación e niveis de conformidade.
Métodos para realizar revisións preliminares e avaliacións de adecuación ou conformi- dade de documentos web.
Ferramentas de análise de accesibilidade web.
Comprobación da accesibilidade web desde diferentes navegadores.
BC6. Implementación da usabilidade na web. Deseño amigable
Concepto de usabilidade de documentos web.
Técnicas de análise da usabilidade de documentos web.
Ferramentas e tests de verificación da usabilidade de documentos web.
Identificación do obxectivo da web.
Tipos de usuario.
Barreiras identificadas polos usuarios.
Información doadamente accesible.
Velocidade de conexión.
Importancia do uso de estándares.
Navegación doadamente lembrada fronte a navegación redescuberta.
Facilidade de navegación na web.
Verificación da usabilidade en diversos navegadores e tecnoloxías.