MP0378 — Seguridade e alta dispoñibilidade (SAD)

Este é un módulo desenvolvido curricularmente en ASIR - Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede. O meu material de traballo está en SAD - Seguridad y alta disponibilidad

  • Código: MP0378

  • Equivalencia en créditos ECTS: 6.

  • Duración: 137 horas.

Resultados de Aprendizaxe (RA)

RA1. Adopta pautas e prácticas de tratamento seguro da información, e recoñece a vulnerabilidade dun sistema informático e a necesidade de o asegurar.

Trabállase en Fundamentos, riesgos y respuesta inicial e Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.

RA2. Implanta mecanismos de seguridade activa, para o que selecciona e executa contramedidas ante ameazas ou ataques ao sistema.

Trabállase en Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.

RA3. Implanta técnicas seguras de acceso remoto a un sistema informático, para o que interpreta e aplica o plan de seguridade.

Trabállase en Acceso remoto seguro y arquitectura perimetral.

RA4. Implanta tornalumes para asegurar un sistema informático, analiza as súas prestacións e controla o tráfico cara á rede interna.

Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.

RA5. Implanta servidores proxy, aplicando criterios de configuración que garantan o funcionamento seguro do servizo.

Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.

RA6. Implanta solucións de alta dispoñibilidade empregando técnicas de virtualización, e configura os contornos de proba.

Trabállase en Alta disponibilidad, virtualización y continuidad.

RA7. Recoñece a lexislación e a normativa sobre seguridade e protección de datos, e valora a súa importancia.

Trabállase en Protección de datos, cumplimiento y gestión de seguridad.

Criterios de Avaliación (CA)

RA1. Adopta pautas e prácticas de tratamento seguro da información, e recoñece a vulnerabilidade dun sistema informático e a necesidade de o asegurar.

Trabállase en Fundamentos, riesgos y respuesta inicial e, para a criptografía, en Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.

  • CA1.1. Valorouse a importancia de asegurar a privacidade, a coherencia e a dispoñibilidade da información nos sistemas informáticos.

  • CA1.2. Describíronse as diferenzas entre seguridade física e lóxica.

  • CA1.3. Clasificáronse os tipos principais de vulnerabilidade dun sistema informático, segundo a súa tipoloxía e a súa orixe.

  • CA1.4. Contrastouse a incidencia das técnicas de enxeñaría social nas fraudes informáticas.

  • CA1.5. Adoptáronse políticas de contrasinais.

  • CA1.6. Valoráronse as vantaxes do uso de sistemas biométricos.

  • CA1.7. Aplicáronse técnicas criptográficas no almacenamento e na transmisión da información.

  • CA1.8. Recoñeceuse a necesidade de establecer un plan integral de protección perimetral, nomeadamente en sistemas conectados a redes públicas.

  • CA1.9. Identificáronse as fases da análise forense ante ataques a un sistema.

CA1.7 desenvólvese no segundo curso; os demais criterios deste RA, no primeiro.

RA2. Implanta mecanismos de seguridade activa, para o que selecciona e executa contramedidas ante ameazas ou ataques ao sistema.

Trabállase en Criptografía, endurecimiento y seguridad activa.

  • CA2.1. Clasificáronse os principais tipos de ameazas lóxicas contra un sistema informático.

  • CA2.2. Verificouse a orixe e a autenticidade das aplicacións instaladas nun equipamento, así como o estado de actualización do sistema operativo.

  • CA2.3. Identificouse a anatomía dos ataques máis habituais, así como as medidas preventivas e paliativas dispoñibles.

  • CA2.4. Analizáronse diversos tipos de ameazas, ataques e software malicioso, en contornos de execución controlados.

  • CA2.5. Implantáronse aplicacións específicas para a detección de ameazas e a eliminación de software malicioso.

  • CA2.6. Utilizáronse técnicas de cifraxe, sinaturas e certificados dixitais nun contorno de traballo baseado no uso de redes públicas.

  • CA2.7. Avaliáronse as medidas de seguridade dos protocolos usados en redes de comunicación.

  • CA2.8. Recoñeceuse a necesidade de inventariar e controlar os servizos de rede que se executan nun sistema.

  • CA2.9. Describíronse os tipos e as características dos sistemas de detección de intrusións.

RA3. Implanta técnicas seguras de acceso remoto a un sistema informático, para o que interpreta e aplica o plan de seguridade.

Trabállase en Acceso remoto seguro y arquitectura perimetral.

  • CA3.1. Describíronse escenarios típicos de sistemas con conexión a redes públicas en que cumpra fortificar a rede interna.

  • CA3.2. Clasificáronse as zonas de risco dun sistema, segundo criterios de seguridade perimetral.

  • CA3.3. Identificáronse os protocolos seguros de comunicación e os seus ámbitos de uso.

  • CA3.4. Configuráronse redes privadas virtuais mediante protocolos seguros a distintos niveis.

  • CA3.5. Implantouse un servidor como pasarela de acceso á rede interna desde localizacións remotas.

  • CA3.6. Identificáronse e configuráronse os métodos posibles de autenticación no acceso de usuarios remotos a través da pasarela.

  • CA3.7. Instalouse, configurouse e integrouse na pasarela un servidor remoto de autenticación.

RA4. Implanta tornalumes para asegurar un sistema informático, analiza as súas prestacións e controla o tráfico cara á rede interna.

Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.

  • CA4.1. Describíronse as características, os tipos e as funcións dos tornalumes.

  • CA4.2. Clasificáronse os niveis en que se realiza a filtraxe de tráfico.

  • CA4.3. Configuráronse filtros nun tornalumes a partir dunha listaxe de regras de filtraxe.

  • CA4.4. Revisáronse os rexistros de sucesos de tornalumes, para verificar que as regras se apliquen correctamente.

  • CA4.5. Interpretouse a documentación técnica de distintos tornalumes hardware nos idiomas máis empregados pola industria.

  • CA4.6. Probáronse distintas opcións para implementar tornalumes, tanto de software como de hardware.

  • CA4.7. Diagnosticáronse problemas de conectividade nos clientes provocados polos tornalumes.

  • CA4.8. Planificouse a instalación de tornalumes para limitar os accesos a determinadas zonas da rede.

  • CA4.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, configuración e uso de tornalumes.

RA5. Implanta servidores proxy, aplicando criterios de configuración que garantan o funcionamento seguro do servizo.

Trabállase en Control de perímetro, cortafuegos, proxy y publicación segura.

  • CA5.1. Identificáronse os tipos de proxy, as súas características e as súas funcións principais.

  • CA5.2. Instalouse e configurouse un servidor proxy cache.

  • CA5.3. Configuráronse os métodos de autenticación no proxy.

  • CA5.4. Configurouse un proxy en modo transparente.

  • CA5.5. Utilizouse o servidor proxy para establecer restricións de acceso web.

  • CA5.6. Arranxáronse problemas de acceso desde os clientes ao proxy.

  • CA5.7. Realizáronse probas de funcionamento do proxy, monitorizando a súa actividade con ferramentas gráficas.

  • CA5.8. Configurouse un servidor proxy en modo inverso.

  • CA5.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, á configuración e ao uso de servidores proxy.

RA6. Implanta solucións de alta dispoñibilidade empregando técnicas de virtualización, e configura os contornos de proba.

Trabállase en Alta disponibilidad, virtualización y continuidad.

  • CA6.1. Analizáronse supostos e situacións en que cumpra pór en marcha solucións de alta dispoñibilidade.

  • CA6.2. Identificáronse solucións de hardware para asegurar a continuidade no funcionamento dun sistema.

  • CA6.3. Avaliáronse as posibilidades da virtualización de sistemas para pór en práctica solucións de alta dispoñibilidade.

  • CA6.4. Implantouse un servidor redundante que garanta a continuidade de servizos en casos de caída do servidor principal.

  • CA6.5. Implantouse un balanceador de carga á entrada da rede interna.

  • CA6.6. Implantáronse sistemas de almacenamento redundante sobre servidores e dispositivos específicos.

  • CA6.7. Avaliouse a utilidade dos sistemas de clúster para aumentar a fiabilidade e a produtividade do sistema.

  • CA6.8. Analizáronse solucións de futuro para un sistema con demanda crecente.

  • CA6.9. Esquematizáronse e documentáronse solucións para supostos con necesidades de alta dispoñibilidade.

RA7. Recoñece a lexislación e a normativa sobre seguridade e protección de datos, e valora a súa importancia.

Trabállase en Protección de datos, cumplimiento y gestión de seguridad.

  • CA7.1. Describiuse a lexislación sobre protección de datos de carácter persoal.

  • CA7.2. Determinouse a necesidade de controlar o acceso á información persoal almacenada.

  • CA7.3. Identificáronse as figuras legais que interveñen no tratamento e no mantemento dos ficheiros de datos.

  • CA7.4. Contrastouse o deber de pór ao dispor das persoas os datos persoais que lles atinxen.

  • CA7.5. Describiuse a lexislación actual sobre os servizos da sociedade da información e o comercio electrónico.

  • CA7.6. Contrastáronse as normas sobre xestión de seguridade da información.

  • CA7.7. Comprendeuse a necesidade de coñecer e respectar a normativa legal aplicable.

Contidos básicos (BC)

Síntese dos bloques de contido do currículo. O texto completo pode consultarse no Decreto 177/2010. Os contidos orientan a aprendizaxe; a organización e a avaliación dos cursos baséanse nos RA e CA.

BC1. Adopción de pautas de seguridade informática

  • Fiabilidade, confidencialidade, integridade e dispoñibilidade.

  • Elementos vulnerables: hardware, software e datos; análise de vulnerabilidades e prácticas seguras.

  • Ameazas físicas e lóxicas; seguridade física, ambiental e lóxica.

  • Criptografía, control de acceso, contrasinais, biometría e políticas de almacenamento.

  • Análise forense: recollida, análise de incidencias e ferramentas.

BC2. Implantación de mecanismos de seguridade activa

  • Ataques, contramedidas, anatomía de ataques e análise de software malicioso.

  • Auditorías de seguridade e ferramentas preventivas e paliativas.

  • Copias de seguridade, imaxes de respaldo e recuperación de datos.

  • Actualización de sistemas e aplicacións; seguridade en redes públicas.

  • Cifraxe, certificados, sinaturas, monitorización de tráfico e seguridade sen fíos.

  • Vulnerabilidades, intentos de penetración e sistemas de detección de intrusións.

BC3. Implantación de técnicas de acceso remoto. Seguridade perimetral

  • Encamiñador fronteira, tornalumes e redes privadas virtuais.

  • Perímetros de rede, zonas desmilitarizadas e arquitecturas de subrede protexida.

  • VPN de enlace, rede e aplicación; SSL, IPSec e SSH na formulación curricular.

  • Servidores de acceso remoto, autenticación e configuración de parámetros.

BC4. Instalación e configuración de tornalumes

  • Filtraxe de paquetes, tipos e funcións dos tornalumes.

  • Tornalumes do sistema operativo, libres, propietarios e hardware.

  • Regras de filtraxe, probas de funcionamento e rexistros de sucesos.

BC5. Instalación e configuración de servidores proxy

  • Tipos e funcións de proxy; instalación do servidor e dos clientes.

  • Cache, filtros, autenticación, proxy inverso, encadeamento e xerarquías.

  • Probas de funcionamento.

BC6. Implantación de solucións de alta dispoñibilidade

  • Obxectivos, configuracións, funcionamento ininterrompido e recuperación do servizo.

  • Servidores redundantes, clústers e balanceadores de carga.

  • Virtualización: ferramentas, máquinas virtuais, simulación de servizos e probas de carga.

  • Virtualización en contornos de produción.

BC7. Lexislación e normas sobre seguridade

  • Lexislación sobre protección de datos e sobre os servizos da sociedade da información e o correo electrónico.